"Desnortada", publicado por Edicións Espiral Maior na Colección de Poesía Alba Longa, é o novo libro de poemas de Rosalía Fernández Rial (Carballo, 1988), unha das voces máis reveladoras e recoñecidas da poesía galega actual.
Recentemente galardoada como autora do Mellor Poema 2020 no festival galego-portugués aRi[t]mar, a poeta, narradora e ensaísta entréganos unha nova obra poética destinada, como quería Alejandra Pizarnik, a "irmos até o fondo" da experiencia vital asociada a unha experiencia da linguaxe que se transmuta en música, corpo e beleza sensorial.