Entrada de blog

Amor Lorquiano

A Percusión ten corpo de muller e chámase Liberdade. Os sismos da súa danza palpitan sobre o peito aberto dun tablado flamenco, vibrando no ápice extremo dunha escena que abre a boca para cantar:

"El duende no está en la garganta; el duende sube por dentro desde la planta de los pies"

Como a poesía de Lorca, que só pode lerse de abaixo a arriba, coa boca na terra, mastigando raíz. Desde a esencia dos pobos que son elevados ata a infinitude da Vangarda.

Por iso, cando nas táboas escénicas con acento andaluz agroma a maxia do "duende", soa, como leitmotiv inevitable, o teatral corazón de Lorca, por soleás. Para quen o entende e admira, en forma de música, baixo pés bailaríns. Para quen o xulgou e ignora, como castigo, cun latexo de culpa eterna, igual que no terrorífico relato de Edgan Allan Poe.

Rosalía Fernández Rial

[Foto: portada do relato de Poe "El corazón delator" Ed. Plutón]

[PD.  Este texto agromou despois de ver bailar a Rocío Molina onte á noite. Pero podía ter brotado tras presenciar  un número de "TÍTERES DE CACHIPORRA"]

 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
 As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos