1. Dun xeito sintético e sistemático:
1.1. AULAS SEN PAREDES é un proxecto derivado da Tese de Doutoramento de Rosalía Fernández Rial no que se propón e aplica unha nova metodoloxía didáctica para o ensino e aprendizaxe de linguas. Esta consiste no uso da expresión dramática e teatral como ferramenta pedagóxica para desenvolver a competencia comunicativa do alumnado así como para favorecer certas actitudes e valores asociados ao plurilingüismo, á intercuturalidade e aos principios dunha sociedade democrática.
1.2. AULAS SEN PAREDES materialízase, inicialmente, nun libro-DVD publicado por Edicións Positivas que contén:
-
O Marco Teórico do método
-
O Programa didáctico aplicado nun contexto de ensino real (dun instituto público galego)
-
Unha avaliación rigorosa do funcionamento das tarefas realizadas na aula
-
As conclusións derivadas de todo o estudo
-
Un documental audiovisual que dá conta do proceso nas súas diferentes fases de desenvolvemento.
1.3. AULAS SEN PAREDES posúe, asemade, unha vertente académica e de formación do profesorado mediante a que se vén compartindo, en diferentes Congresos, Xornadas e Obradoiros a experiencia pedagóxica referida desde unha perspectiva teórico-práctica.
2. Dito doutra maneira:
AULAS SEN PAREDES é un modo atemporal de entender a profesión investigadora e docente: con ilusión e conciencia artística. Adaptándose á máis recente realidade cun sentido poético perenne mais tamén eficaz neste presente compartido.
Sen esquecer, nunca, que o futuro do uni-verso enteiro depende sempre e en calquera caso, do literario oficio educativo.
Aquí vos deixamos unha ligazón ao tráiler do documental, para que atopedes novas formas de definir o "Aulas sen paredes":
https://www.youtube.com/watch?v=Cs7Nq3dk5rM