Entrada de blog

Aulas sen paredes III

Hoxe as nosas Aulas Sen Paredes volveron ao seu lugar de orixe; o IES Xelmírez I. O reencontro con aquel alumnado de 1º da ESO A, que está xa en cuarto curso, foi a parada en porto máis feliz dunha tan longa como fantástica travesía académica. Aquí deixamos un fragmento das palabras compartidas cos protagonistas da experiencia:

-E os profes fan os deberes?

-Fan, si. Tres veces: cando os pensan, mentres os comparten e durante a avaliación.

Ás veces o proceso é tan arduo que tardan anos en rematar os exercicios pendentes. Pero, ao final, grazas á axuda do alumnado, logran chegar á meta.

Ese é xusto o punto no que me atopo hoxe. No final dunha longa carreira. Hoxe veño aquí a entregar as tarefas que me comprometín a presentarvos.

Quedamos en que vos mostraría o traballo no que recollía as dinámicas postas en práctica. E tamén en que faría un documental con todo o que gravamos nas aulas. Foron tantas as veces me preguntastes polo audiovisual... E eu sempre contestaba que me ía levar un tempo, pero que, con moito esforzo e un moi bo equipo, o daría acabado.

Si, sei. Pasaron xa catro cursos desde aquel 1º da ESO A ata este remate de etapa no que vos atopades. Pero se algo aprendemos naquel trimestre tan intenso é que os recursos teatrais adquiridos nos permiten relativizar o tempo, transformar a realidade e acadar as utopías que nos propoñamos.

É máis, o teatro, como tantas veces me recordastes, posibilítanos cambiar de papel sempre que o desexemos. De feito, os nosos roles naquela etapa ficaron por completo invertidos, pois fostes vós os meus 28 profesores e profesoras e eu a que non deixei de aprender, exercendo de alumna do mellor xeito que puiden.

Tanto aprendín de vós e da experiencia compartida, que me atrevín a abrir a cuarta parede daquela nosa aula e mostrarlle ao público externo o pequeno anaco de realidade alí creado. E é que o coñecemento, como a enerxía, nunca se destrúe, senón que se transforma e nos transforma.

Noticias da presentación do Aulas Sen Paredes :

-Na televisión de Galicia: http://www.crtvg.es/informativos/o-instituto-compostelan-xelmirez-pon-en-marcha-as-aulas-sen-paredes

-Na Voz de Galicia.Edición Carballo: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2017/02/11/span-langglfernandez-rial-avoga-spanspan-langgl-novo-metodo-didacticospan/0003_201702C11C109910.htm

-Na Voz de Galicia. Edición Santiago: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2017/02/11/teatro-vale-aprender-linguas/0003_201702S11C10994.htm 

 

 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
 As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos