Tivo que caer a derradeira folla para que se decataran de que aquel cristal non era un espello. Regaran tanto o propio reflexo que afogaran os intervalos da perspectiva. Mesmo chegaran a confluír o corpo na imaxe proxectada, anulando por completo a identidade: dúas cuspiduras nunha fiestra xamais aberta. Toda a vida buscando sen ver.
...
E nós? Seremos quen de reconstruír, pantalla a través, os ollos do outono que nos mira?
Rosalía Fernández Rial