Arrastro o meu corpo até a pantalla e sento a contemplar o paso da historia contemporánea. Deteño o movemento real nun videoxogo de carreiras automobilísticas para atragoarme con: cadeiras de muller obxecto, invasivas datas de caducidade e competencia desleal.
Tantos anos de evolución para crear un mundo no que o último que quero, como parte da nosa especie, é chegar á meta.
Afasto os ollos do monitor e espeto un sorriso ao Stallone contra a seguinte fotografía. Permítome recordar. Nunha Muxía dos anos 90 meu amigo Eme e eu escalabamos teitos de coches aprendendo, sen querer, a medrar conxuntamente.
Con ese espírito grunge, mais exenta de melancolía, abro unha nova fiestra no ordenador e inicio un chat co Eme home actual:
-Temos que subxugar a tecnoloxía ao servizo do poético e o underground.
-Load up on guns, / Bring your friends / It's fun to lose and to pretend / She's overboard self assured / Oh no I know, a dirty word: https://www.youtube.com/watch?v=hTWKbfoikeg
-Hahahaha! Yeah!
-Que fas? Baixas?
-Veña, en media hora no Cabo da Vila?
-Ok.
-Avante.
Rosalía Fernández Rial