Se ti tamén pensas que este país carece de amaño
-e que vaia xeración perdida,
sen lingua, utopía, valores, pobo-
Se a rutina che impide erguer a cabeza
e o pesimismo pesa de máis na túa caluga:
segue a camiñar.
Mais vai con coidado...
Porque a música de cinco mulleres lobas anda ceibe por toda a nosa xeografía. Como che atrapen os sentidos, TODAS AS RÚAS empezarán a danzar debaixo de ti. Amarraranche desde a raíz dunha cultura ancestral até o voo sen teito da exención de prexuízos contemporáneo. Non terás escapatoria.
Como a Banda da Loba che trinque as orellas, aprenderás, sen querer, a ouvear en clave feminina. Volverás a crer en ideais perennes, ilusionada e madura, con conciencia colectiva e celebración tribal: Auuuuu!!!
Au! –bramarás-
Au....
De au-toría,
au-dacia e
au-tonomía!
-Auuuu!!
Como berro guerreiro!
Au-dición!
Aturuxa e déixate trincar pola BANDA DA LOBA!
Rosalía Fernández Rial
Compostela 06/03/2017