Entrada de blog

ELO

No intre en que les

"ELO"

(ELO)

é

unha intersección textual,

o cruce do noso ollar a través da pantalla,

neste verso solto,

a PUNTO de caer

.

E de reconverterse,

unha vez e outra máis.

Porque a cartografía da experimentación permanece en constante movemento, a golpe de rumbo aberto; ao servizo do accidental. Cun choque que agora desemboca en formato inédito, tras impactar contra a poesía:

Leo - Elo

e Elo troca a existencia

por once segundos de filme

no mercado negro da arte total,

a punta de pistola,

desencadeándose:

L-E-O E-L-O

e ELO é.                                                  

 

Ruta cara ao novo formato: https://youtu.be/K1so99wCVcA

 Texto: Rosalía Fernández Rial

Motivo: novo formato artístico do proxecto ELO

Fotografía: de César Seoane para ELO

Vídeo: ELO

 
 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
 As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 
 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos