Entrada de blog

Iliria

No encadre extratextual da profesión literaria, o intelecto da autora é un sistema de lentes tan sofisticado como espontáneo. Dun modo automático, a escritora diante da acción, activa unha óptica omnisciente e catárquica á vez:

Percibo a realidade con delay e posibilidade de edición. Desde a atalaia, en plano panorámico, insiro o foco ata as vosas retinas e volvo distanciarme, reprogramándome en múltiples perspectivas.

Cal xogadora ante xeográfico taboleiro, estudo as estratexias que vos moven e manipúlovos. Transmuto a vosa existencia con ilusos recursos retóricos.

Brindo co océano que nos separa

pola illa

onde escribo o voso existir.

Obsérvovos e bebo,

logo son

-todas e cada unha de vós-.

Rosalía Fernández Rial

Chegada a porto:

Compostela, remate do verán 2016.

 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
 As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos