Entrada de blog

Outono de AULAS SEN PAREDES

Atopei a definición que mellor se axusta á miña concepción da actividade académica e artística nos mesmos versos lorquianos: "o teatro é a poesía que se levanta do libro e se fai humana". Lina sentada, estudando literatura, co seguinte interrogante dentro da cabeza: por qué limitarse a coñecer e crear só dende a mente, dun xeito estático, se somos tamén corpo, voz, acción e movemento?
Desde entón, nunca deixei de investigar mediante accións concretas sobre as que logo construír coñecemento. Esa enerxía xerada desde a forza psicofísica, desembocou nunha vertente estética; poética, interdisciplinar e escénica e noutra ética, didáctica, co fin de compartir a experiencia creativa individual coa colectividade.
Baixo os principios dunha "aprendizaxe en espiral", continúo hoxe en día a xirar, arredor dos mesmos obxectivos, cada vez con máis práctica, mais sen nunca deixar de experimentar, de reciclarme, de re-pensar. 
O único que trato de conservar intacto, como esencia subxecente común, é a ilusión primeira; motor elemental.
 

-Durante as próximas semanas deste mes de outubro, estarei impartindo e, ante todo, compartindo, a través do CAFI, o seguinte curso de formación para o profesorado: "Nova metodoloxía para a aprendizaxe de linguas mediante a EXPRESIÓN TEATRAL" 

-A continuación, nas primeiras semanas de novembro, continuarei coa experiencia mais dirixida ao alumnado de secundaria por diferentes centros de Galicia, a través do programa "O galego, a miña lingua propia", dependente da sección de Cultura da Deputación da Coruña.

Imaxe: X Xornadas dos Clubs de lectura.

 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
 As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos