Entrada de blog

Xénese

Cando o paraíso perdeu a condición eterna, artificial, mudamos o espazo da fe polo do pensamento; as edificacións quiméricas por principios físicos; os estupefacientes por identidade. En canto derruímos o conformismo, atopamos a presente forma de existir e recobramos o valor das variables empíricas. A cada intre desactivamos un barrote da gaiola que nos impuxemos e, dúbida mediante, volvémonos reconstruír, unha e outra vez.
Desde a autoridade que a lucidez nos outorga, cimentamos os eixes dun amor que progresa sobre a nosa evolución, en tránsito constante. Co movemento como combustible vital e a imperfección por baluarte, desafiamos os finais dos traxectos. Conscientes de que a vida habita detrás das pantallas que nos cegan e de que todos os muros conducen a un novo percorrido, cara a outras posibles verdades:
 
"O homem é aquilo que ele própio faz"...
E a mulher também.
 
 
[continuamos, pois, camarada Lealdade]
 
Rosalía Fernández Rial
 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
 As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos