BLOGUE

POEMAGOSTO

O 8 de outubro de 2016 estaremos no Festival de Poesía POEMAGOSTO de Allariz xunto Alba Cid, Gonzalo Hermo, Iolanda Zúñiga Celia Parra, Ismael Ramos, Mercedes Peón, O Leo e moit@s máis:

Resultado de imagen de poemagosto 2016

Etiquetas: 

Iliria

No encadre extratextual da profesión literaria, o intelecto da autora é un sistema de lentes tan sofisticado como espontáneo. Dun modo automático, a escritora diante da acción, activa unha óptica omnisciente e catárquica á vez:

Percibo a realidade con delay e posibilidade de edición. Desde a atalaia, en plano panorámico, insiro o foco ata as vosas retinas e volvo distanciarme, reprogramándome en múltiples perspectivas.

Hibridar o imaxinario III

O alumnado participante no obradoiro creativo "HIBRIDAR O IMAXINARIO", que teño o pracer de dirixir, comprácese en presentar ante o público carballés:

ATLÁNTIDA:

Unha peza escénica con catro movementos -"Rosa dos ventos", "Delirio", "Fera liberada" e "Maroma"-.

Unha sinfonía compartida que materializa un percorrido teatral a través de textos, danzas, imaxes e expresións diversas. 

Hibridar o imaxinario II

“Para hibridar o imaxinario cómpre xogar á corda coas fronteiras. Sempre coa intensidade precisa, a golpe de ilusión. Xusto aí, no non-lugar aprenderemos a fusionar a lingua infinda da arte literaria con todas as demais, sen restrición ningunha. Vés brincar?”

Difundimos a mensaxe cal Anunciación dun circo literario, artístico. Entre a distorsión musical dos megáfonos ambulantes e os brincos da poesía acróbata, lanzamos un convite para perder o medo a danzar. C’mon, C’mon! Voilà!

on the road

Como rescatándote dun naufraxio, xusto antes da hipotermia, arroupo a túa nudez coa máis poética das linguaxes. Acollo o teu corpo á deriva entre arneses de versos falados, terreais. Sen artificio algún:

-Veño a levarte comigo.

Abrímoslle as portas á noite e, detrás do frío, aparece o horizonte do imaxinario que compartimos. Uns tragos de literatura beat, asfalto sen rumbo e a guitarra do sempre xoven Bob. Like a Rolling Stone.

-Non, tampouco hoxe hai dirección a casa, querido.

LINDES ALÉN

Durante todo o verán publicarei no formato impreso do xornal Sermos Galiza unha sección titulada "LINDES ALÉN". Dentro desta escribirei en cada número un poema para un dos murais do proxecto "DERRUBANDO MUROS CON PINTURA" . O conxunto deses textos pretenden que o lector transcenda as páxinas do diario igual que as obras plásticas transportan ao espectador máis alá da parede. Transporte utópico como fío condutor.

Ariadnas contemporáneas pola cidade...

Hibridar o imaxinario

Páxinas

Subscribirse a RSS -blogues
 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
 As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos