Non te mintas. O noso instinto sabe que o pulso binario do Heart of Gold treme aínda na cicatriz que nos distancia da adolescencia. Como unha resaca perpetua, mal curada, o vello Neil volve sempre a raptarnos do presente, desexándonos un pesadelo feliz. I want to live, I want to give.
Escusas esforzarte. Por moito que a intentes afogar, a voz da primeira mocidade virá a tomar por ti a decisión máis inocente e utópica de entre todas as posibles. Así que reláxate e brinda. Aínda que sexa pola vontade incumprida de non querernos danar.