FIL. Guadalajara.

Diario de a bordo ao outro lado do Atlántico (FIL. Feria Internacional de Libro de  Guadalajara. 2018)
 

27 novembro de 2018 "Golpean mi pecho tus fantasmas, / despiertas a mi tacto, / hielas mi frente, / abres mis ojos" (Octavio Paz). Abrir os ollos ao mundo e saír dunha mesma para compartir(se) é unha parte fundamental do polisistema literario. Resulta un luxo estar na Feria Internacional del Libro de Guadalajara (FIL) como creadora e investigadora en didáctica das linguas. Ademais das actividades dentro do recinto, tamén é unha sublime experiencia formar parte dunha das expedicións máis interesantes da #FIL: a visita aos centros educativos #Ecosdelafil . Moi agradecida e por completo fascinada fico. #FIL #Guadalajara #Ecosdelafil

29 novembro de 2018. "Bailemos as rúas ata desaparecer no ventre sonoro da noite" Foron os primeiros versos que pronunciei no recital/musical/performance de "Sacar a bailar" na Feria Internacional del Libro de Guadalajara. ...E saímos a danzar coa música das palabras... #Fil #Guadalajara #poesia #poetry

30novembro de2018"Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda". Este día foi a quenda de #Bonustrack no stand JJ27 da Feria Internacional del Libro de Guadalajara e volvemos bailar

 

 

 
 
 

 

Etiqueta: 

 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
 As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 
 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos