A lúa, válvula de spray

A lúa, válvula de spray

Cando a lúa é unha válvula de spray, a noite pode debuxar as escenas máis inesperadas. As accións da madrugada sucédense entón na stop motion dos murais urbanos e nada ten volta atrás. Nese carrusel vense envoltos Sara, María e Leo mentres celebran un rito durante o San Xoán. Coa intensidade dun accidente, o que sucede esa noite cambiará por sempre a vida dos tres mozos. Á forza asimilan que nada vai volver ser igual: nin as súas relacións, nin a dirección do amor, nin os rallys ilegais, nin os murais de Carballo, nin a cordura coñecida, nin a realidade, nin eles mesmos.

A lúa, válvula de spray é unha ficción sonora na que a escenografía é unha selección da arte urbana que se atopa en Carballo. O FIOT implícase na experimentación escénica cunha iniciativa propia, realizada en coprodución co LIDISS (Laboratorio de Investigación en Innovación Social e Cultural Sostible), que conxuga as artes escénicas co espazo urbano e que explora novos formatos e as posibilidades que ofrecen as ferramentas tecnolóxicas, á vez que procura sinerxías con outras iniciativas socioculturais que teñen lugar en Carballo.

Créditos de A lúa, válvula de spray

Escrita por: Rosalía Fernández Rial

Dirixida por: Quico Cadaval

Interpretada por: Santi Romay, Melania Cruz e María Roja.

Producida por: LIDISS e FIOT

Espazo sonoro: PTT

Montaxe: Iván Mera

A lúa, válvula de spray nos medios:

galiciaconfidencial

- lavozdegalicia

 

Etiqueta: 

 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
 As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos