Libros

Desnortada
"Desnortada", publicado por Edicións Espiral Maior na Colección de Poesía Alba Longa, é o novo libro de poemas de Rosalía Fernández Rial (Carballo, 1988), unha das voces máis reveladoras e recoñecidas da poesía galega actual.
Recentemente galardoada como autora do Mellor Poema 2020 no festival galego-portugués aRi[t]mar, a poeta, narradora e ensaísta entréganos unha nova obra poética destinada, como quería Alejandra Pizarnik, a "irmos até o fondo" da experiencia vital asociada a unha experiencia da linguaxe que se transmuta en música, corpo e beleza sensorial.
Árbores no deserto

Igual que a escultura vive nos bloques de pedra andes de ser tallada, a poesía latexa no corpo en prosa do pensamento filosófico.

Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda.
Pero sempre hai unha posibilidade para a esperanza. Por iso cómpre esgotar as pistas establecidas se queres que apareza o BONUS TRACK.
Xusto nese xiro imprevisto, cando xa parece que non queda nada, nacen os relatos deste libro de Rosalía Fernández Rial: vinte e dous contos tecidos con letras de cancións e derradeiras esperanzas. É importante agardar. As mellores historias comezan onde remata a melodía. Resiste. E cando a música repouse, entrará a literatura a bailar.

Portada libro Aulas sen Paredes

AULAS SEN PAREDES

Atopei a definición que mellor se axusta á miña concepción da actividadde académica e artística nos mesmos versos lorquianos: "o teatro é a poesía que se levanta do libro e se fai humana"
Portada libro contra-acción

CONTRA-ACCIÓN

 "A cidade de Rosalía Fernández Rial renega da autora na mesa do despacho, da anotación romántica na Moleskine, do ordenador portátil na mesa dun café mentres o movemento queda fóra da cristaleira.
 
(…)
 
Portada libro Ningún Amante Sabe Conducir

NINGÚN AMANTE SABE CONDUCIR

...porque o desenfreo da paixón é incontrolable e todo asfalto conduce ao encontro erótico, os sinais de tráfico estampan escenas sensuais coa persoa perseguida e o accidente semella a única saída posible.
   Porque “a estrada / escribe, en pel de asfalto, / as feridas que nos separan”

CRÍTICAS

Páxinas

Subscribirse a RSS - Libros
 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
 As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos